Esta semana fíxose entrega a Cáritas dos alimentos recadados na “ Noite de terror”.a
Esta actividade celébrase ano tras ano, cunha sesión nocturna dirixida a nenos e nenas de 1º da ESO a 4º da ESO, na Biblioteca Municipal de Sanxenxo, no Pazo Emilia Pardo Bazán.
Esta noite organízase desde o Programa de Animación á Lectura, coa finalidade de lograr que os adolescentes do municipio gocen dunha actividade diferente entre libros, contos, historias, aventuras e unha yincana de xogos para lograr inmunizarse contra bruxas, demos e outros seres de ultratumba. Unha combinación de medo e diversión a partes iguais.