Concello de Sanxenxo - O goberno celebra o Día Internacional do Voluntariado compartindo unha comida con voluntarios e voluntarias de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Hoxe 5 de novembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado e desde o Concello de Sanxenxo quérese agradecer a labor e o compromiso do grupo de voluntarios municipais.

É por iso que o Alcalde, Telmo Martín, e a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Silvia Freire, o Tenente Alcalde, Gonzalo Pita, a Concelleira de Educación, Paz Lago e o Concelleiro de Turismo e Deportes, Suso Sueiro, quixeron compartir un intre agradable con eles no obradoiro de hostalería. Escoitando e recollendo as súas suxestións co fin de mellorar este servizo.

O voluntariado en Sanxenxo non é un fenómeno novo, xa que, ao longo do tempo, e a través de múltiples programas e actividades, organízase a actividade do voluntariado no día a día do noso municipio.

A este programa incorporáronse neste último ano máis de 20 mozos ás 12 persoas que xa colaboraban en actividades como o Obradoiro de memoria, o programa de acompañamento social e actividades físicas como o campus de verán que se organiza desde a Concellería de Deportes. Tamén nas ludotecas e en actividades puntuais ambientais, en charlas, manualidades, obradoiros, cool run, milla urbana, etc.

O prazo de inscrición no programa de voluntariado municipal está aberto durante todo o ano, e o trámite faise no edificio de Servizos Sociais en Portonovo. E son moitas as actividades ás que poden dedicar o seu tempo os voluntarios no noso municipio como, por exemplo:

  • Voluntariado coa muller, en colaboración co CIM.
  • Voluntariado cos maiores, en acompañamento en hospitais, citas médicas, festas, paseos diarios…
  • Voluntariado cultural: colaboración exposicións, programación cultural, teatro, nadal, entroido…
  • Voluntariado en educación viaria, co Poli Paco, nas entradas e saídas dos colexios…
  • Voluntariado nas aulas da ludoteca, Paifill@nai, talleres de memoria, reforzo educativo de nenos, apoio intercultural ás familias estranxeiras…
  • Voluntariado medio ambiental, na limpeza de praias, parques, xardíns. Ou coa Asociación de Peludos Invisibles de Sanxenxo.
  • Voluntariado deportista, en andainas, piscina, ximnasia para maiores, milla urbana…
  • Voluntariado social, con Cáritas e o banco de alimentos…

A concelleira quere “animar a todas aquelas persoas que de forma reflexiva e altruísta queren dedicar parte do seu tempo para axudar aos demais”. Así como tamén quere “agradecer enormemente o labor que realizan estas persoas e que tan necesarias son para poder desenvolver actividades no municipio”.

 

0
0
0
s2sdefault