Concello de Sanxenxo - O goberno decide atrasar o inicio das obras da Rúa Progreso
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno acordou con Covsa, a empresa adxudicataria, atrasar o inicio das obras da rúa Progreso ata despois de Reis. Tomouse esta decisión para non prexudicar a actividade comercial dos máis de 80 negocios que hai na rúa. O nadal é o período do ano no que máis compras realizamos os veciños e os visitantes e non parecía conveniente iniciar uns traballos que prexudicarían as vendas nestas datas.

O atraso que se acumule nestes días poderá recuperarse nos meses posteriores, de maneira que o goberno e a empresa están convencidos que a rúa estará rematada ao comezo da tempada alta tal e como estaba previsto cando se adxudicou.

0
0
0
s2sdefault