Concello de Sanxenxo - INVERSIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Investimento obras centros educativos Sanxenxo dende xuño 2017:

Investimento total: 559.310,25€.
- Xunta de Galicia: 180.948,16€.
- Plan Concellos Deputación Pontevedra: 226.190€.
- Concello: 152.172,09€.

CEIP FLORIDA
- Reforma e acondicionamento da entrada principal.
- Soleira de formigón e reposición de cancilla na entrada do segundo edificio.
- Acondicionamento de cuartos de limpeza e almacén.
- Reparación do muro do segundo edificio.
- Renovación da instalación eléctrica en todos os edificios.
- Reposición de vidros na cuberta de Educación infantil.

CEIP MAGALÁNS.
- Reposición da carpintería exterior nos edificios anexos.
- Peche dun lateral do pavillón con ferros de metacrilato.
- Habilitación dun comedor.

CEIP TELLEIRO:
- Acondicionamento e pavimentación da pista deportiva.

CEIP CRUCEIRO
- Reposición das mosquiteras do comedor.
- Acondicionamento e pintado dun dos laterais do edificio principal.
- Marquesiña para comedor. (Procederase á súa colocación a próxima semana.)

CEIP PORTONOVO
- Limpeza da cuberta do edificio de Educación Infantil.
- Acondicionamento do patio exterior.
- Reposición de falso teito na entrada principal.
- Limpeza, saneamento, pintado do muro perimetral e reparación dos valos. (Estes labores realizaranse proximamente).

CEIP NANTES
- Habilitación dun comedor.
- Reparación de humidades.
- Construción da pista polideportiva.

Destacar que, coa creación dos dous comedores, en Magaláns e en Nantes, todos os centros educativos dispoñen agora deste servizo que permite unha mellor conciliación familiar.

Ademais desta relación de obras maiores, hai unha serie de gastos nos centros que se fixeron efectivos coa compra de material para reparacións varias tanto por parte dos conserxes como do persoal das áreas municipais de Mantemento e Servizos, así como todas as reparacións e actuacións de mantemento que van xurdindo no día a día e que levan a cabo por diferentes empresas. Tamén se procedeu á concesión do mantemento das alarmas de roubo e das caldeiras.

 

VISITA COLEGIO 2

0
0
0
s2sdefault