Concello de Sanxenxo - O goberno adxudica a instalación de bombas nos bombeos de augas residuais de Arnosa e A Revolta
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local adxudicou a instalación de bombas nos bombeos de augas residuais en Arnosa (Vilalonga) e A Revolta (Noalla), por un valor de 32.008,23€, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A empresa encargada da execución das obras será Espina y Delfín.

Nos lugares de Arnosa e A Revolta existen dúas estacións de bombeos de augas residuais, que pertencen á rede municipal de saneamento. Estas dúas estacións teñen bombas de impulsión, as cales debido á súa antigüidade esgotaron a súa vida útil, sufrindo continuas avarías. Así mesmo, dado que aumentou o caudal de impulsión, supuxo un incremento do caudal orixinal. Isto obriga a que teña un funcionamento practicamente constante, o que agrava o problema das avarías.

 

0
0
0
s2sdefault