Concello de Sanxenxo - O Concello distribúe 237.264 € en subvencións a 22 clubs deportivos e asociacións culturais
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Facenda impulsou o pasado mes de xullo unha modificación das bases de execución do orzamento municipal, co obxectivo de conceder novas subvencións a diferentes clubs e asociacións. O obxectivo é recuperar subvencións e axudas que nos peores momentos de crises tivéronse que recortar e que non se volveron a conceder desde entón.

Esta semana, e en base a esa modificación, fixéronse efectivos os ingresos a 16 clubs e asociacións:

- Club de Piragüismo de Portonovo.
- Club de fútbol de Vilalonga.
- Club Corbelo.
- Comisión de Festas Santo Tomei de Gondar.
- Club de fútbol de Portonovo.
- Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo.
- Club de Fútbol Noalla S.D.
- Club de fútbol de Dorrón.
- Club Xuventude Sanxenxo.
- Asociación Neen@s.
- Club Rítmica Salnés.
- Escola de Fútbol Sport 2017.
- Federación galega de ciclismo.
- Foro Galicia milenio de pensamento e opinión.
- Asociación discapacitados esperanza Salnés.
- Diferentes Anpas do municipio.

Estas subvencións suman un total de 195.500 €. Hai que engadir as demais axudas, que xa estaban contempladas no orzamento, e que ascenden a 41.764€, e entre as que se atopan asociacións como:

- Club de Voleibol.
- Asociación Xaraiba.
- A Lanzada surf.
- Kido sport.
- Club baloncesto Baltar.
- Asociación de Ioga.

A suma total destas axudas ascende a 237.264€, e serán destinadas a proxectos e actividades que cada unha das asociacións deseñen e requiran dunha axuda económica por parte do Concello. O goberno traballa xa na preparación de novas subvencións para máis clubs e asociacións.

0
0
0
s2sdefault