Concello de Sanxenxo - A Concellería de Medio Ambiente a piques de rematar a plantación de árbores en Punta Vicaño
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tal e como se comprometeu o goberno despois de talar os piñeiros que estaban enfermos e supoñían un risco para a seguridade das persoas. Así, a falta de 5 exemplares por plantar, desde a concellería estase a proceder á plantación de 78 novas árbores de especies moi variadas.

A zona con arbolado de especies máis propias de xardinería e de gran beleza farán do parque un lugar colorido no outono, como son o liquidámbar, o ginkgo e as faias.

Haberá tamén unha zona de bosque atlántico con carballos, castiñeiros e acivros, combinados con especies máis mediterráneas como aciñeiras e sobreiras.

O Ginkgo biloba é unha árbore orixinaria de Xapón, Corea e o leste de China. Considérase unha das especies máis antigas que se coñecen. Adóitase plantar en parques e xardíns, pero tamén en rúas, prazas e avenida.

A coloración dourada que adquire a súa follaxe no outono é espectacular. As súas follas caen coas primeiras tormentas otoñales e tinguen de dourado as beirarrúas ou pavimentos da súa contorna, para volver brotar na primavera.

É unha árbore sacra para a tradición budista, e por iso adóitase plantar nos xardíns dos templos e xunto ás pagodas, como recoñecemento á súa capacidade para sobrevivir nas condicións máis extremas.

0
0
0
s2sdefault