Concello de Sanxenxo - Última sesión do curso de primeiros auxilios para familias organizado polo CFR Pontevedra, o Concello de Sanxenxo e as Anpas e centros do municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Na tarde de onte tivo lugar a última sesión deste curso que se enmarca na nova liña de actuación iniciada no 2018 polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra ( CFR) na que ademais das actuacións de formación para profesorado tamén se programan accións de formación para familias.

O curso foi dirixido a todos os pais e nais do municipio e levou a cabo nos CEIP de Nantes, Cruceiro, Florida, Colexio Abrente e IES Sanxenxo en horario de 17:00 a 20:00 h. desenvolvéndose en 3 sesións os venres 11, 18 e 25 de xaneiro.

A impartición do curso levouse a cabo por persoal do Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias (061) e abordáronse contidos como: RCP básica, desobstrucción dá vía aérea, posición lateral de seguridade, coñecemento e manexo dun desfibrilador externo semiautomático, manexo de intoxicacións, queimaduras e escaldaduras e manexo de escenarios clínicos (diabetes, anafilaxia, convulsións, dificultade respiratoria), etc.

Desde as diferentes Anpas confírmase a gran utilidade do curso e considérase que é unha formación necesaria e imprescindible para todas aquelas persoas que traballan en lugares de pública concorrencia xa que a capacidade de reacción inicial fronte a un accidente é fundamental. Tamén destacan a importancia da formación práctica como afianzamento de coñecementos.

Pola súa banda a Concelleira de Educación, Paz Lago, agradece ao CFR este tipo de iniciativas dirixidas a familias “ xa que estas, presentes en diferentes ámbitos e lugares, poden axudar nun determinado momento a resolver situacións de emerxencia que precisen de coñecementos específicos. Así mesmo, non quero pasar a ocasión sen agradecer ao persoal do 061 a súa incondicional colaboración e disposición ”.

 

0
0
0
s2sdefault