Concello de Sanxenxo - O goberno acomete melloras no mercado de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local está a levar a cabo unha serie de melloras no mercado de Sanxenxo, como son o pintado das instalacións e a substitución no valado de acceso.

Estas melloras están valoradas en 12.000€ e buscan un mellor acondicionamento das instalacións, para facilitar o uso diario do mercado a traballadores, veciños e visitantes.

A estas melloras hai que engadirlle unhas realizadas recentemente, cun orzamento aproximado de 7.000€, consistentes na substitución das antigas celosías da praza, por unha carpintería de aluminio que permite a entrada de luz natural no edificio e renova a súa imaxe.

Nun futuro, o mercado de Sanxenxo requirirá unha actuación maior que modernice as instalacións e fomente e incentive o mercado local da vila.

 

 

0
0
0
s2sdefault