Concello de Sanxenxo - Sanxenxo convoca a 2ª edición do premio honorífico á traxectoria das mulleres
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Centro de Información ás Mulleres, da Concellería de Servizos Sociais, entregará por segundo ano, un premio á traxectoria das mulleres.

Esta concellería, e en concreto o CIM, creaban o pasado ano o Premio Honorífico á Traxectoria das Mulleres. Un premio así outorgárase xa en anteriores ocasións, pero o 2018 foi a primeira vez que se fixo regulado cunhas bases, sendo as propias veciñas as que poidan facer as súas propostas.

En Sanxenxo hai unha serie de mulleres que dedicaron a súa vida ou a súa actividade a promover a transformación da sociedade, para romper cos estereotipos de xénero, servindo como exemplo e referente, non só para as demais mulleres, senón para toda a sociedade. Fomentando a igualdade de oportunidades e a seu empoderamento.

Este premio naceu co obxectivo de facer visible, de recoñecer e difundir a traxectoria persoal, social, cultural, profesional e/ou empresarial das mulleres. Para isto, redactáronse as bases que serven como guía para convocar anualmente este recoñecemento e poder entregalo o día 9 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller.

Para poder optar a este premio será necesario cumprir o requisito de nacer, residir ou estar a residir en Sanxenxo e as candidaturas poderán ser presentadas por iniciativa propia, a iniciativa de terceiras persoas ou a proposta dalgún dos membros do xurado.

As bases do premio serán publicadas na páxina web do Concello e abrirase un prazo, que se estenderá desde o 8 de febreiro ata o 22 de febreiro, para poder presentar as candidaturas. As propostas entregaranse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres de 9.00 h. a 14.00 h, e irán acompañadas dunha breve exposición, con datos suficientes para poder recoñecer dita candidatura.

Tres serán os aspectos que o xurado valorará para poder decidir cal será a gañadora: a traxectoria, ben sexa persoal, social, cultural, profesional e/ou empresarial, o retorno e repercusión na cidadanía, e a promoción da igualdade de oportunidades.

Silvia Freire, Concelleira de Servizos Sociais destaca que “con este premio queremos recoñecer a implicación e o compromiso das mulleres a favor da igualdade de oportunidades, co obxectivo de dar a coñecer a labor que realizan e o seu traballo na procura da igualdade real”. E anima tamén a “que todas aquelas persoas que coñezan a alguén que mereza este recoñecemento, a que colaboren na presentación das candidaturas”.

 

 

0
0
0
s2sdefault