Concello de Sanxenxo - Faustino Balea xubílase tras 35 anos de servizo en Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O cabo da policía local de Sanxenxo, Faustino Balea Casás, xubílase hoxe despois de exercer durante 35 anos, o seu traballo diario no corpo da policía local do municipio.

Faustino Balea, coñecido como Tino, integrouse ao corpo de Sanxenxo no ano 1.984 como auxiliar de policía, e desde aí ata o día de hoxe foi traballando día tras día ata converterse en Cabo do corpo. Agora, tras 35 anos no corpo e en base á nova lei que permite as xubilacións anticipadas ao ter máis de 30 de servizo e 60 anos cumpridos, Tino puido acollerse a esta xubilación.

O axente despídese con palabras de “agradecemento a todos os compañeiros que lle acompañaron ao longo da súa traxectoria laboral, orgulloso do seu traballo realizado”.

Pola súa banda, inspector e alcalde, “agradecen todos estes anos de traballo, esforzo e dedicación, estando en todo momento ao servizo de veciños e visitantes de Sanxenxo”.

 

0
0
0
s2sdefault