Concello de Sanxenxo - O goberno encarga o proxecto dunha pista de skate e parkour para o municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno encargou a tres arquitectos de Sanxenxo, Félix Iribarne Branco, Andrea Gesteiro e Javier Segura Roldán, a redacción dun proxecto dunha pista de Skate, coas modalidades de Bowl e Street e Parkour que se situará en Portonovo.

O goberno decidiu encargar este proxecto, cun custo de 9.000€, despois de manter varias reunións con Diego Barbeito, un gran referente do skate en Sanxenxo, e con mozos que practican skate, scooter e parkour e que colaboran activamente con "+ Xuventude, máis Concello", na detección de demandas e necesidades dos mozos da súa idade. Ademais, trátase dunha demanda histórica no municipio.

A idea do goberno é situar a futura pista nas inmediacións do río Baltar, un lugar no que hai espazo (1300 m2) para desenvolver un gran proxecto, cun orzamento que superará os 170.000€. A zona elixida permitirá no futuro, se se considera necesario, ampliar as instalacións ou complementar con actividades similares.

“O goberno buscou un lugar accesible e adecuou ás dimensións que se necesitan. Con esta pista daremos resposta a unha demanda dos numerosos mozos que practican skate, scooter e parkour, que pedían unha zona de condicións seguras e adecuadas para a práctica destas actividades”.

 

0
0
0
s2sdefault