Concello de Sanxenxo - "As aves do Salnés" chegan ao municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este mércores día 6 comezou no CEIP Telleiro de Noalla o ciclo de charlas de sensibilización ambiental “As aves do Salnés” que a Concellería de Medio Ambiente, da man de Seo/Birdlife ten preparadas para o alumnado de 6º de primaria do municipio. Seo/Birdlife foi promotora nos anos 50 das primeiras excursións ornitolóxicas e na nosa provincia están representados por Seo Pontevedra, que traballa na sensibilización da importancia da conservación das aves e a natureza da nosa contorna.

As actividades consisten en sesións didácticas nas aulas, seguidas dun roteiro pola zona dos humedais, onde as mozas e mozos poderán avistar as aves do lugar, tales como pilros, mazaricos, garzas ou corvos mariños, entre outros.

O mércores 13 e o xoves 14 serán impartidas no CEIP Portonovo e no CEIP Cruceiro e o día 21 de febreiro no CEIP Florida.

O concelleiro de Medio Ambiente destaca “a importancia de estas actividades para poder transmitir nos centros educativos o gran valor do patrimonio natural que alberga o Complexo Intermareal Umia - O Grove, declarado espazo natural de extraordinaria importancia para a biodiversidade, xa que acolle arredor dunhas 200 especies de aves”.

0
0
0
s2sdefault