Concello de Sanxenxo - O Concello contratará un total de 38 persoas a través do Plan Concellos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno de Sanxenxo enviou á Deputación de Pontevedra a solitud para poder contratar un total de 38 persoas, a través do Plan de Obras e Servizos, do Plan Concellos.

Así pois, as 38 persoas que se contratarán ao amparo desta liña, serán para os ámbitos municipais de servizos administrativos, parques e xardíns, limpeza de praias e espazos públicos. Concretamente contrataranse:

- 18 peóns, cun contrato de 6 meses de duración.
- 15 peóns cun contrato de 5 meses de duración.
- 5 auxiliar administrativo, cun contrato de 5 meses.

Dentro dos servizos administrativos, os traballadores realizarán, entre outras, as seguintes tarefas:

- Atención cidadá de carácter informativa de eventos, servizos, organismos e funcionamento do Concello.
- Domiciliación de impostos.
- Notificacións.
- Trámites catastrais.
- Certificados de empadroamento, modificación de datos, etc.
- Materias relacionadas coa xestión de arquivo de documentos.
- Etc.

Dentro do servizo municipal de obras e servizos, os traballadores realizarán, entre outras, tarefas de:

- Obras menores dentro dos edificios públicos e espazos públicos.
- Pintado e recuperación de superficies que se atopen en mal estado.
- Limpeza e recollida de lugares nos que se celebren festas e eventos.
- Montaxe de carpas, escenarios, decorados, etc.
- Conservación de beirarrúas do municipio.

No servizo de parques e xardíns, as tarefas para realizar serán:

- Labores de mantemento das rutas de sendeirismo.
- Labores de eliminación de pequenos puntos de verteduras incontroladas.
- Vixilancia na recollida selectiva.
- Mantemento de infraestruturas, camiños e outros lugares do municipio.

E, por último, dentro do servizo de limpeza de praias encargaranse de:

- Limpeza de todos vos areais do municipio.

O contrato dos 38 traballadores supoñerá un investimento total de 256.096,51€, que serán financiados polo organismo provincial.

O plan de emprego incluído na liña 3 do Plan Concellos, é unha medida que permite a contratación de persoas desempregadas, que non estean a recibir prestacións e poidan ter así unha oportunidade de adquirir experiencia laboral que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo.

0
0
0
s2sdefault