Concello de Sanxenxo - Goberno e asociacións preparan a XXIV Edición da Festa da Raia e acordan celebrala o 27 e 28 de abril
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mañá de onte o Alcalde, o Concelleiro de turismo e a Concelleira de cultura mantiveron unha reunión coa asociación Can de San Roque e a Asociación de Hostaleiros da Rúa dous Viños, en Portonovo.

O obxectivo deste encontro foi marcar a data desta XXIV edición, que será finalmente os días 27 e 28 de abril, na Lonxa de Portonovo.

Ademais, estas dúas asociacións presentaron moi boas ideas para que esta festa salga á rúa e percorra a vila mariñeira. Agora, o goberno analizará todas estas propostas e nunha nova reunión, a semana do 25 de febreiro iranse pechando os detalles da programación.

Desde o goberno local queren “agradecer a implicación e a predisposición mostrada por estas dúas asociacións, que continúan colaborando para que esta cita ano tras ano supere os éxitos de participación”.

 

0
0
0
s2sdefault