Concello de Sanxenxo - O goberno financiará con cargo ao orzamanto de 2019 o local social de Gondar que os veciños levan máis de 15 anos reclamando
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

En cumprimento do compromiso adquirido en xuño de 2017, o goberno financiará con cargo ao orzamento de 2019 a construción do local social de Gondar cuxo custo está valorado en 180.000€. Trátase dunha vella demanda dos veciños e un dos compromisos incluídos no pacto de goberno.

As actuacións incluídas no pacto de goberno e outras que non foron incluídas, están executadas (parque empresarial, semáforo A Revolta e pavimentación núcleo de Bordóns) en execución ( rúa Progreso, pista polideportiva de Nantes, parque Panadeira e o Espiñeiro) adxudicado pero pendente de inicio de obra (edificio socio cultural de Ou Revel, Vilalonga, club de Piragüismo, camiño As Salinas) en licitación (Pazo Quintáns, colexio de Vilalonga, PO- 308, Casa de Don Fernando e Priorado de Arra) ou á espera dalgún trámite para a súa licitación, é o caso do campo de futbol de Dorrón que falta a aprobación definitiva da Deputación.

O proxecto do local social de Gondar contempla a construción dun edificio de 183 m2, nas parcelas que recentemente adquiriu a Comisión de Festas de Gondar, e que agora están en trámites de cesión ao Concello.

O local está distribuído nun hall de entrada, unha gran sala polivalente, unha oficina, dous aseos e un almacén. Ademais, está previsto urbanizar o exterior cun aparcadoiro e unha zona verde.

En canto o goberno dispoña do proxecto definitivo, manterá unha reunión coa Comisión de Festas de Gondar para que o coñezan en detalle e a continuación sacará a licitación as obras de construción do edificio.

 

0
0
0
s2sdefault