Concello de Sanxenxo - O Poli Paco recibirá o Premio Atesvan
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación de Técnicos en Educación e Seguridade Viaria de Andalucía, premiará a Poli Paco co premio ATESVAN.

Estes premios teñen como obxecto realizar un recoñecemento público principalmente a persoas e institucións locais ou autonómicas cuxa actuación no ámbito da educación viaria se fixera merecedora de tal distinción.

O acto de entrega terá lugar en Roquetas de Mar, o día 22 de febreiro, durante o Congreso Nacional de Educación Viaria Materno-Infantil para profesionais, que se celebrará nesa cidade os días 21 e 22 de febreiro.

Entre os obxectivos do Congreso está crear un espazo para a análise, a reflexión e intercambio de experiencias para a mellora da Seguridade Viaria desde o ámbito da prevención e a educación, así como establecer a importancia da prevención e educación para a adecuada percepción dos factores de risco que interveñen nos sinistros viais.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault