Concello de Sanxenxo - Comezan as charlas KTORCE18 no IES Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

KTORCE18: campaña de prevención do acoso e ciberacoso escolar, maltrato familiar e outras condutas infractoras.

A mañá de onte deron comezo as charlas KTORCE18, no IES Vilalonga, para nenos e nenas de 2º e 3º da ESO. As sesións continuarán hoxe co alumnado de 4º da ESO.

O Concello de Sanxenxo a través da Concellería de Servizos Sociais e máis especificamente a través do Programa de Educación Familiar promove a calidade de vida e o benestar das familias e os seus membros.

En termos xerais, o Programa de Educación Familiar persegue a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co-construído entre as familias, as/os profesionais e os axentes da súa comunidade.

As charlas divulgativas Ktorce18 son impartidas pola asociación ARELA e realizaranse no IES Vilalonga, no IES Sanxenxo, e no Colexio Abrente, para alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO.

Estas sesións teñen un claro obxectivo preventivo das conductas infractoras máis salientes nos adolescentes, facendo fincapé no acoso escolar, nas redes sociais, o maltrato familiar, etc. E en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nestas.

"Consideramos que proporcionarlles aos adolescentes unha información de calidade, axeitada e adaptada á súa idade, pode ser un bo instrumento preventivo, xa que permitirá construír unha base que provoque boas actitudes e boas prácticas no seu día a día", sinala Silvia Freire, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

0
0
0
s2sdefault