Concello de Sanxenxo - A Policía Local de Sanxenxo recibe unha xornada de formación sobre os VMP
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O corpo de Policía Local de Sanxenxo, recibiu a cargo de Benito Souto, un axente de Policía Local de Pontevedra, unha xornada formativa sobre “Actuación con vehículos de Mobilidade Persoal”.

Este curso, dirixido a policías con tarefas de control de tráfico, tivo como obxectivo facilitar o recoñecemento das distintas categorías de VMP, así como os requisitos e as obrigacións de cada un deles.

A xornada comezou cuns conceptos básicos sobre estes vehículos, unha análise da normativa sobre vehículos, homologación e a súa circulación, así como a súa catalogación xurídica. Ademais, expúxose a normativa de instrución da DXT, e a metodoloxía de actuación policial nas situacións máis habituais.

Desde o Concello, quérese “agradecer a Benito Souto, a súa colaboración desinteresada como profesor convidado nesta xornada de formación”.

 

 

0
0
0
s2sdefault