Concello de Sanxenxo - A Conselleira de Educación informa ao Alcalde de Sanxenxo sobre a marcha do Proxecto do novo Colexio de Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, reuniuse a mañá de onte con Carmen Pomar, a Conselleira de Educación, no despacho desta última en Santiago de Compostela. O obxectivo da reunión foi coñecer a situación na que se atopa a tramitación do novo colexio de Vilalonga.

A Conselleira informou ao Alcalde que nestes momentos os técnicos redactores do proxecto están a facer as probas sobre as características do terreo, que son un pouco especiais, para unha vez concluídas poder deseñar a cimentación máis adecuada ao proxecto. É mellor perder un pouco máis de tempo agora en facer eses estudos e así garantir que unha vez que se inicien as obras non haxa complicacións ou atrasos.

A Conselleira tamén informou ao Alcalde que a intención é licitar as obras de construción do colexio a finais de abril ou principios de maio, pero se por algunha razón técnica se atrasase a licitación, en ningún caso afectaría ao compromiso de que o colexio estea terminado no curso 2020/2021.

Por último, lembrar que estamos a falar dun colexio que terá capacidade para 450 alumnos e para o que a Xunta contemplou nos orzamentos de 2018 e 2019 partidas que suman 4,3 M€.

0
0
0
s2sdefault