Concello de Sanxenxo - Asociacións e goberno acordan trasladar a Festa da Raia ao 4 e 5 de maio para non coincidir coas eleccións
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Hai unhas semanas o goberno reuniuse coa asociación O Can de San Roque, Entretendas e o CETS e acordaron celebrar a 34 edición da Festa da Raia os días 27 e 28 de abril, pero a convocatoria de eleccións xerais o día 28 obriga a trasladar a data, xa que moitas persoas que se poderían desprazar a Sanxenxo desde Galicia e mesmo desde máis lonxe non o poderán facer esa fin de semana ao ter que votar nas súas respectivas cidades.

Durante esta fin de semana o goberno acordou coas asociacións anteriormente citadas o traslado da Festa da Raia á seguinte fin de semana que corresponde ao sábado 4 de maio e o domingo 5 de maio.

Por outra banda, o goberno traballa para que a 34 edición da Festa da Raia supere a celebrada en 2018 coa inclusión no programa de melloras nas actividades tradicionais que inclúe a festa gastronómica e mariñeira de Portonovo.

 

0
0
0
s2sdefault