Concello de Sanxenxo - PRECARNAVAL DE CINE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O vindeiro sábado, día 23 de febreiro, Sanxenxo volve converterse nun pobo temático celebrando o seu precarnaval. Este ano a temática elixida é: o cine. Polo pobo desfilarán personaxes tan variados como Jack Sparrow, Indiana Jones, Eduardo Manostijeras, Hannibal Lecter, Spiderman, Groucho, Bitelchús, Terminator, Drácula, Cantinflas, Lawrence de Arabia, Batman, Rambo….

Este precarnaval está organizado pola Asociación O Cubreiro coa colaboración do Concello de Sanxenxo, e nesta ocasión calquera participante e visitante poderá degustar tanto calquera bebida pola tarde, como cear e posteriormente desfrutar do ambiente nocturno e sentirse dentro dunha película xa que son numerosos os locais de restauración que se transforman ese día nun improvisado estudio de cinema sendo os seus traballadores os actores principais.

Haberá un taller de caretas, para os máis pequenos, ás 17:00 na sala Nauta impartido por O Espazo dás Cousas. Ademais, haberá animación rueira con música de cinema pola charanga SMS desde as 20:30h. ata as 22:30h.

A asociación O Cubreiro anima á xente a que se convertan e mestúrense por un día en cow boys, extraterrestres, zombies, vampiros, piratas, avatares, hobbits… Comentan que ese día hai os ingredientes necesarios para vivir dentro dunha película, á elección da xente queda se queren ser actores ou simples espectadores.

A organización espera repetir o éxito de participación conseguido noutros anos, xa que cada edición hai máis afluencia de xente no precarnaval, tanto de persoas disfrazadas como non disfrazadas. O que empezou sendo un evento para dinamizar Sanxenxo antes de entroido está a converterse, aos poucos, nun referente. Por outra banda, segundo a asociación a expectación levantada, tanto nas redes sociais (3000 persoas alcanzadas en pouco máis de 24 horas) como a pé de rúa, é enorme.

“Se a túa vida é de película, venche a gozar doutra por un día”

 

0
0
0
s2sdefault