Concello de Sanxenxo - NOS PROXIMOS DÍAS COMEZARÁ O ARRANXO DO CAMIÑO AS SALINAS E DA COSTIÑA A FONTE DE ONS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O camiño de As Salinas é un paso, duns 500 m de lonxitude, que conecta o núcleo da Revolta coa zona da Lanzada.

Na actualidade prodúcense continuas inundacións no viario os días de choiva e ademais o firme, debido maioritariamente á súa antigüidade, atópase nun estado de considerable deterioración, con importantes fochancas e roturas no pavimento.

A mellora das condicións deste viario permitirá que as persoas que o utilicen diariamente, sexan veciños ou visitantes, poidan facelo de forma segura e se poida poñer fin aos problemas de inundacións mencionados.

Ademais, o acondicionamento deste paso, permitirá unir o paseo que transcorre polo litoral do municipio, paralelo á PO-308, cunha zona na que residen e visitan un número elevado de persoas. Búscase tamén, garantir en todo momento a seguridade do peón, que con esta última actuación permitirá conectar 4 praias da zona mellorando a accesibilidade ás mesmas.

O mesmo ocorre co Camiño dá Costiña a Fonte de Ons, que presenta unha deterioración importante debida ao uso diario ao que se somete e á cantidade de vehículos que transcorren por el.

Para poder acometer estas actuacións, foi necesario solicitar informes e autorizacións sectoriais á Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, á Consellería de Medio Ambiente, ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, ao Servizo de Urbanismo da CMAOT, ao Instituto de Estudos do Territorio e a Augas de Galicia.

Así, cun orzamento que ascende a 131.766€, financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o goberno acometerá estas dúas actuacións, para poñer fin a unhas demandas históricas de veciños, non só do lugar, senón de todo o municipio.

 

0
0
0
s2sdefault