Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO ESTABLECE UN ACORDO PARA O SERVIZO URBANO DE RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A xeración de aceites vexetais usados procedentes do uso domestico representa unha problemática en canto á súa xestión e xustifica a adopción de sistemas de recollida selectiva de amplo alcance. Estes sistemas deberán facilitar a tarefa de reciclado dos usuarios, garantir a correcta xestión e posterior valorización.

A recollida selectiva dos aceites vexetais é moi importante dende o punto de vista ambiental xa que 1 litro de aceite pode chegar a contaminar mais de 1000 litros de auga. O aceite mal xestionado pode chegar a contaminar rios, solo, atascar e ensuciar tubeiras, na rede de sumidoiros constitúe alimento para roedores, aumentan enormemente os custes dos sistemas de depuración da auga. Cos restos dos aceites usados pódense facer diversos produtos ecolóxicos como biodiesel ou xabóns.

O Concello de Sanxenxo, no ano 2014 uniuse a un convenio de colaboración subscrito entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación Oil Free Ocean (SIGOLEO), para realizar o servicio de recollida de aceite domestico a través do servicio ofertado baixo dito convenio para as entidades locais.

Esa recollida non se estaba a facer nestes momentos debido a que ese convenio quedou extinguido, e é por iso que dende a concellería de medio ambiente se toma a decisión de iniciar a recollida urbana de aceites de cociña e contar para esa labor coa empresa PROCESADORA GALLEGA DE ALIMENTOS S.L.

Despois de estudar as diferentes posibilidades, decídese que o sistema a empregar sexa a colocación de colectores urbanos de exterior específicos para o aceite vexetal usado. Os colectores serán do tipo “botella dentro”, descartando outros sistemas de recollida e os contedores para aceite “a granel”.

Instalaranse un total de 17 puntos de recollida, e o residuo depositado en ditos colectores será cedido á empresa “PROCESADORA GALLEGA DE ALIMENTOS, S.L., para a súa correcta xestión.

 

 

 

 

 

 

  1. Padriñán: Punto limpo

  2. Padriñán: Rúa Constitución

  3. Padriñán: Rúa Progreso-Saída Rúa Oriente

  4. Padriñán: Rúa dos Poetas Galegos

  5. Padriñán: Rúa Ourense

  6. Adina: Rúa A Perla

  7. Adina: Rúa Espiñeiro

  8. Adina: Rúa Rafael Picó

  9. Adina: Rúa Infantaría de Mariña (Detrás Centro Saúde)

  10. Vilalonga: Praza de Vilalonga

  11. Vilalonga: Cruce Reiniño

  12. Noalla: PO-550 (Altura Hotel Los Naranjos)

  13. Noalla: Altín

  14. Noalla: Aios (Marquesiña)

  15. Dorrón: Outeiro (lavadoiro)

  16. Dorrón: PO-308 (Hamburguesería San José)

  17. Nantes: Cruce Igrexa

 

0
0
0
s2sdefault