Concello de Sanxenxo - Sanxenxo, capital ibérica dos dardos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A vila de Sanxenxo e o seu pavillón polideportivo de Baltar recollen esta próxima fin de semana a testemuña de catro exitosas edicións anteriores coa celebración do Campionato Ibérico de Dardos.

Esta cita naceu co obxectivo de reunir aos mellores xogadores de Portugal e España, e esta edición tradúcese na de maior participación do país veciño que terá lugar ao longo deste venres 12 de abril e ata a tarde do domingo.

A contorna privilexiada que ofrece Sanxenxo, a capacidade hostaleira e as facilidades por parte do propio Concello foron determinantes á hora de que a organización se decantase para organizar aquí este evento que reunirá a máis de 2.000 xogadores. Outro dato importante son os máis de 15.000 euros en metálico que se repartirán.

A entidade implicada na organización do evento é a Asociación Galega de Dardos e o seu patrocinador, Recreativos Igresias. Ademais contaron coa colaboración esencial do Concello de Sanxenxo e a Concellería de Turismo, Deportes e Festas.

No Pavillón de Baltar instalaranse máis de 60 dianas, que conectadas online permitirán que os enfrontamentos se realicen entre os participantes cara a cara pero co respaldo da actualización de resultados e enfrontamentos de maneira automática.

Esta nova concepción do xogo dos dardos unido a internet abriu o abanico de competicións e así, os próximos días participarán os mellores das categorías Individuais e de Equipos.

Todo aquel que lle gusten os dardos debe pasar si ou si polo recinto de xogo, a entrada é gratuíta, e a calidade dos enfrontamentos está garantida.

A continuación detallamos unha programación resumida das competicións:

Venres 12 de Abril:

o 16.00 horas. Inicio das competicións individuais.
o 22.00 horas. Inicio das competicións de parellas.

Sábado 13 de Abril:

o 10.00 horas. Inicio das competicións de equipos.

Domingo 14 de Abril:

o 10.00 horas. Continuación das competicións de equipos.
o Finais e Entrega de Premios e Trofeos.

0
0
0
s2sdefault