Concello de Sanxenxo - O Concello convoca o I Consello de Igualdade Interdepartamental
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Entre as medidas recollidas no IV Plan de Igualdade entre mulleres e homes do Concello de Sanxenxo recóllese a incorporación da perspectiva de xénero na organización interna municipal como garante do principio de igualdade. Esta medida pertence á área 1, “transversalidade de xénero na Administración Local” como un obxectivo específico desa área.

A súa finalidade é garantir que se cumpran as accións recollidas neste IV Plan. Para iso procederase á integración do principio de igualdade de oportunidades como estratexia de actuación e a creación deste consello como mecanismo de participación, para os diversos departamentos implicados na súa execución. “Coa súa constitución establécese o marco de relación e atribúense responsabilidades aos departamentos comprometidos co desenvolvimiento do plan”, destaca Silvia Freire, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

Este consello reunirase 3 veces neste ano 2019. A primeira das reunións foi de constitución e toma de contacto. A segunda, que será o 25 de abril, será de formación e a terceira, o 16 de maio, será para poñer en común os resultados e a avaliación do consello.

O consello de igualdade interdepartamental é o encargado de reflexionar sobre a maneira na que se están desenvolvendo as actuacións dirixidas a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Sanxenxo, así como de incorporar novos elementos nos obxectivos e resultados da intervención, incorporando, en calquera caso, o enfoque de xénero en todo o proceso de desenvolvemento.

O PLAN

A Concellería de Servizos Sociais e a empresa encargada, redactaron en decembro de 2017 o IV Plan de Igualdade, que recolle todas as medidas e iniciativas de igualdade para os próximos 4 anos, 2018-2021.

O Plan de Igualdade é un amplo documento de case 80 páxinas nas que se recollen as iniciativas de igualdade distribuídas en 8 áreas de actuación, con obxectivos e medidas concretas, exactamente 61 medidas a desenvolver no próximos catro anos. Cada actuación inclúe un obxectivo específico, os departamentos e axentes implicados na súa posta en marcha e uns indicadores para valorar o nivel de cumprimento.

0
0
0
s2sdefault