Concello de Sanxenxo - Raia Race Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Raia Race

A Festa da Raia de Portonovo completa este ano o seu programa cun novo evento deportivo que promete non deixar indiferente a ninguén.

Trátase da Raia Race, carreira de obstáculos organizada polo Club Corbelo e Celtic Box Sanxenxo e terá lugar o sábado 4 de maio a partir das 10:30 na praia de Baltar.

A proba está deseñada para todas as idades, cunha distancia de 3 quilómetros na que se terán que superar ata 10 dificultades.

plano raiarace

Algúns destes obstáculos son pasos en tubo, chanzos sobre rodas, ramplas de area con pozos de auga, circuítos de habilidade ou movementos de crossfit, entre outros.

A actividade dividirase nunha proba para nenos e nenas de 6 a 9 anos e outra a partir desa idade e para atletas adultos.

A inscrición na Raia Race de Portonovo é gratuíta, pero debe formalizarse na páxina web www.cdcorbelo.com/raiarace ou nas instalacións de Celtic-Box Sanxenxo situada no Casal, 19 (Nantes-Sanxenxo).

0
0
0
s2sdefault