Concello de Sanxenxo - O goberno termina a instalación de 81 novos puntos de luz en diferentes tramos do municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno destinou 83.467€, para a colocación de 81 novos puntos de luz situados nos seguintes tramos: 

• Adina-Arra.
• Arra- Aios.
• Paxariñas- Catadoiro.
• Rial- Xesteiriña.
• Vos Pasales.
• Piñeiros- Rouxique.
• Ricardo Santos - Colexio A Florida. Neste punto levará a cabo unha reparación das luminarias xa existentes.

A instalación xa está a funcionar e contemplou un novo sistema de lámpadas que optimice o consumo de enerxía eléctrica e que mellore a iluminación do acceso ás vivendas e o paso de veciños e visitantes por estes viarios.

Esta actuación enmárcase dentro dos 440.000€ do orzamento de 2019, que o goberno destinou a actuacións no rural. Así pois, ademais dos 83.467€ en novos puntos de luz, se están a investir 361.175€ no asfaltado de 10 pistas e 7 dotacións de saneamento e auga.

A parte destes 444.642€, desde xuño de 2017 o goberno destinou 1.711.596€ a servizos básicos nas sete parroquias.

• 801.460€ ao asfaltado e mellora de pistas, sen contar as actuacións de gran envergadura como a P0-308 e a rúa Progreso.

• 910.136€ á dotación de saneamento, auga e iluminación pública.

En resumo, en 2 anos o goberno investiu 2.156.238€ na mellora de servizos básicos do rural. Recursos que saíron do orzamento municipal e do Plan de Concellos da Deputación.

 

 

0
0
0
s2sdefault