Concello de Sanxenxo - Pincho e Raia, do 20 de abril ao 5 de maio en Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Pincho e Raia presentacion

Onte presentouse na Lonxa de Portonovo o concurso de tapas Pincho e Raia 2019, integrado na Festa da Raia, que se celebrará dende este sábado 20 de abril ata o 5 de maio.

Dez establecementos da vila mariñeira de Portonovo participan este ano no concurso que vai pola súa terceira edición. Durante tres semanas poderanse degustar as diferentes tapas elaboradas con raia nos locais hosteleiros adheridos ao programa do Pincho e Raia polo precio de 2 €. 

Para participar no concurso, os clientes deberán cubrir o folleto que estará dispoñible nos locais e puntuar polo menos 5 das tapas de raia. O premio consiste nun bono de dúas noites de hotel en Ribadeo.

PINCHO E RAIA DIPTICO Página 1

PINCHO E RAIA DIPTICO Página 2

0
0
0
s2sdefault