Concello de Sanxenxo - A Rúa Vento pasa a ser dun só sentido
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Onte comenzaron as obras de pintado da Rúa Vento que pasará a ter un só sentido.

O sentido de circulación deste viario será de entrada desde a rotonda de Arnelas. O pintado tamén contempla a sinalización de prazas de aparcadoiro que na actualidade non están pintadas e a sinalización dun paso peonil para que as persoas que circulen camiñando pola vía teñan un espazo seguro para facelo.

Na Rúa Vento acometéronse traballos de mellora da seguridade viaria o pasado mes de decembro, coa pavimentación completa da mesma.

A obra consistiu na limpeza das cunetas e as marxes, fresados localizados e apertura dunha caixa na plataforma para a dotación dunha capa base (de zahorra ou macadam) e o bacheo para a regularización do firme. A continuación, estendeuse unha capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente e puxéronse as tapas das pozas de rexistro.

Previo a esta actuación, neste viario xa se acometeu unha obra para a instalación da rede de saneamento de augas pluviais e cruces para previsión de electricidade e telecomunicacións.

0
0
0
s2sdefault