Concello de Sanxenxo - Últimas prazas para o campamento de verán de Educación Secundaria a Mondariz
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O vindeiro mércores 15 de maio remata o prazo para inscribirse no campamento a Mondariz e quedan poucas prazas.

Poderán inscribirse todos aqueles rapaces e rapazas de Educación Secundaria Obrigatoria que estean interesados en participar no campamento de verán. O campamento terá lugar do 22 ao 26 de xullo en Mondariz.

No campamento realizaranse actividades como tirolina, escalada, kayak, wakeboard, equitación, pádel e moitos máis.

O prezo do campamento será de 180 € e para máis información ou para formalizar a inscrición pódese solicitar no Pazo Emilia Pardo Bazán, de luns a venres de 9:00 a 14:00 ou no teléfono 986.72.79.36.

O folla de inscrición pódese descargar aquí ou recoller no propio Pazo. Deberá presentarse unha fotocopia do DNI do participante e do seu representante legal, así como unha fotocopia da tarxeta sanitaria do adolescente.

0
0
0
s2sdefault