Concello de Sanxenxo - O Concello de Sanxenxo participa na Semana da Mobilidade da man de CIFAL Madrid RACE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A campaña “Educación vial, cosa de todos” chega a Galicia nun ciclo de catro accións do RACE na Semana Mundial da Mobilidade das Nacións Unidas.

Baixo o lema “Educación vial, cosa de todos” e co hashtag #SpeakUp, o Real Automóbil Club de España estivo tamén presente en Pozuelo de Alarcón (Madrid) e Roquetas de Mar (Almería), quedando Málaga para a xornada do venres.

Dez mil nenos e centenares de adultos están a ser partícipes dos obradoiros, repartidos durante esta semana por Pozuelo de Alarcón (Madrid), Roquetas de Mar (Almería), Sanxenxo (Pontevedra) e Málaga. Onte foi a quenda de Sanxenxo, única acción en Galicia e norte de España.

A campaña está a centrarse en transmitir a mensaxe de que a seguridade nas contornas escolares depende de todos. As mensaxes de educación viaria chegan aos menores a través dos centros escolares e as Policías Locais, pero a realidade é que cada día obsérvanse comportamentos inadecuados na contorna escolar por parte dos adultos, por exemplo aparcar en dobre fila, cruzar incorrectamente, non respectar o semáforo, ou o non uso de silliñas infantís.

A acción de Sanxenxo repartiu kits de patrulla escolar, formados por chalecos reflectores e sinais de Stop/Pase, regras flexibles como material escolar coa mensaxe da campaña, e trípticos informativos con consellos de seguridade viaria para para que os nenos poidan levar ás súas casas. ANPAS, Policía Local e Alcalde formaron parte destas xornadas da V Semana Mundial da Seguridade Vial que se celebra do 6 ao 12 de maio.

Con todos estes obxectivos de concienciación, levouse a cabo por parte de CIFAL Madrid RACE e das autoridades municipais de Sanxenxo un conxunto de obradoiros orientados a mellorar os coñecementos en seguridade viaria de todos, especialmente dos menores.

Obradoiro 1: Sistemas de Retención Infantil, coa participación de SmartBaby - JOIE, partner de Cifal Madrid RACE.
Obradoiro 2: Educación Viaria co Poli Paco da Policía Local.
Obradoiro 3: Primeiros Auxilios.
Obradoiro 4: Bombeiros / equipos de emerxencias.

En total, máis de 10.000 nenos e nenas en idade escolar e centenares de adultos verán enriquecida a súa visión global acerca da seguridade viaria, cuxo pilar fundamental debe ser sempre a educación e a formación desde as idades máis temperás.

 

0
0
0
s2sdefault