Os plans da Consellería é que os alumnos poidan iniciar nas novas instalacións o curso 2020/2021.
Hoxe é un día importante para Sanxenxo. O Consello da Xunta acordou sacar a concurso público as obras do novo colexio de Vilalonga. Máis de dez anos levaba Sanxenxo e a parroquia de Vilalonga esperando por ter un centro escolar moderno que substituíse ao colexio O Cruceiro.
Un colexio mellor situado e cunha contorna máis adecuada, na zona de equipamentos de O Revel (70.000 m2), onde xa hai unha gardería, un centro de saúde, un campo de fútbol, zonas verdes e de recreo, que agora se van a completar co colexio e o centro socio cultural cuxas obras iniciaranse proximamente.
Unha zona na que está prevista investir 1,8 M€ na mellora da súa urbanización, coa apertura de catro amplos viais e o soterramento da rede de eléctrica de media tensión e a substitución da rede de saneamento, pluviais e auga.
Inicialmente o colexio contemplaba un investimento 3,9 M€, pero finalmente as obras sairán a licitación por 5.138.980€. O novo centro terá capacidade para 450 alumnos, case o dobre dos alumnos que ten O Cruceiro (241). Inclúe 6 aulas de infantil, 12 de primaria, aula de informática, de música, 4 aulas de apoio educativo, unha sala de usos múltiples, biblioteca, un ximnasio, 2 pistas deportivas cubertas, unha sala para o ANPA, outra para profesores, ademais de despachos para o director e o xefe de estudos entre outros.
Ademais, o proxecto reserva espazo para a construción dun pavillón de deportes que terá uso preferente para o colexio en horario escolar, pero o resto do día poderá ser utilizado por calquera veciño.