A Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, renovará o contrato de subministro de produtos de alimentación, aseo, hixiene e similares para o servizo de emerxencia social municipal do Concello de Sanxenxo.
A novidade deste contrato é que se fará cun sistema de tarxeta prepago, que garanta o anonimato da persoa usuaria, evitando a súa estigmatización e favorecendo a integración social das persoas desfavorecidas. A entidade adxudicataria do contrato emitirá unha única tarxeta por usuario, entendendo como tal a persoa que se atopa en situación de emerxencia social e que necesita das coberturas e necesidades diarias. Tarxeta na que se irá cargando o importe dos produtos adquiridos, xa ben sexan de alimentación, de hixiene persoal ou do fogar.
Ata agora, era a propia concellería a que adquiría estes produtos e os repartía entre as máis de 70 familias incluídas neste programa.
A finalidade das axudas é a de dar resposta inmediata a situacións puntuais de necesidade, xeradas por emerxencia individual ou familiar, derivadas de gastos específicos de carácter básico, como son a alimentación ou a hixiene persoal e do fogar.
O gasto anual estimado polo consumo dos diferentes tipos de alimentos e produtos de aseo e limpeza, a partir dos datos contables da Intervención Xeral do Concello, é de aproximadamente 25.000 EUROS/ANO (IVE incluído). A duración do contrato será de 2 anos con posibilidade de dúas prórrogas dun ano de duración.