Concello de Sanxenxo - Construción dunha pista skate park en Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno licita a construción dunha pista skate park en Portonovo, cun orzamento de 177.726,32€.

O prazo de execución da obra é de cinco meses e as instalacións situaranse na zona da piscina e o campo de fútbol de Baltar nunha parcela cunha superficie de 1.839 m².

O proxecto contempla a construción dunha instalación deportiva para o uso de deportes de esvaramento sobre rodas e parkour. En liñas xerais, o proxecto consiste nun tratamento topográfico das rasantes para crear diferentes niveis e rampas para a práctica de deportes urbanos.

O Parque dividirase en 3 zonas, destinadas dúas delas principalmente á modalidade de skate ( Street: 543m² e rampa: 318 m²) e unha terceira zona destinada a parkour cunha superficie de 185 m².

Distribución en 3 zonas:

1. Zona destinada ás modalidades deportivas de skate, street, etc.
2. Zona destinada a rampa conectada coa zona de Street mediante Rolling e escaleiras.
3. Zona de parkour, espazo de transición na zona sur entre o skatepark e o parque existente.

Proxéctase a incorporación doutra modalidade de skatepark, o bowl. En lugar de sectorizar de forma ríxida as dúas partes óptase por unha distribución que permite mesturar e combinar ambas as modalidades, compartindo espazos e permitindo a circulación entre elas dun modo fluído e seguro.

No punto de encontro de ambas as zonas resérvase un espazo de “descanso” equipado cunha serie de bancos e vexetación tratando de facer a zona o máis agradable posible que poderá ser usada como un elemento máis de patinaxe.

Executarase a prolongación da beirarrúa, bordeando a parcela, cun recheo granular de zahorras artificiais e sobre esta unha soleira de formigón en masa. Sobre a soleira colocarase lastra de formigón, modelo idéntico ao existente na prolongación da beirarrúa. A beirarrúa continuará co ancho existente. A cimentación será mediante laxas de formigón de 15cm.

A estrutura da construción estará conformada por muros de bloque de formigón armado e recheos de zahorra artificial. As superficies de rodadura proxéctanse en formigón puído rematado, segundo necesidades de uso, por perfís metálicos.

O goberno encargou este proxecto, cun custo de 9.000€, despois de manter varias reunións con Diego Barbeito, un gran referente do skate en Sanxenxo, e con mozos que practican skate, scooter e parkour e que colaboran activamente con "+ Xuventude, máis Concello", na detección de demandas e necesidades dos mozos da súa idade. Ademais, trátase dunha demanda histórica no municipio.

“O goberno buscou un lugar accesible e adecuou ás dimensións que se necesitan. Con esta pista daremos resposta a unha demanda dos numerosos mozos que practican skate, scooter e parkour, que pedían unha zona de condicións seguras e adecuadas para a práctica destas actividades”.

 

0
0
0
s2sdefault