A empresa Construciones Vale está a ser a encargada da instalación da rede de saneamento e augas residuais en Canelas.
O núcleo de casas que se atopa próximo á Praia de Canelas carecía de servizo de saneamento de augas residuais, e é por iso que se redactou un proxecto, que permita levar a cabo esta actuación, que será financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que ten un orzamento de 38.837,73€.
As obras esténdense ao longo de 200m, e consisten no reformulo das mesmas, a apertura dunha gabia para a instalación das canalizacións e pozos de rexistro e a reposición do firme afectado polas obras.
Por ser unha zona sensible, foi necesario obter as seguintes autorizacións sectoriais, que permitan a execución dos traballos:
- Servizo provincial de Costas.
- Servizo de Urbanismo da CMAOT.
- Plan de Ordenación do Litoral.
- Autorizacións de particulares: dado que unha parte do colector de saneamento discorre por terreos de titularidade privada, os propietarios destas parcelas deben autorizar a súa instalación.