Concello de Sanxenxo - Instalouse a rotonda provisional da Rúa Progreso
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa encargada da execución das obras da Rúa Progreso está a levar a cabo a instalación provisional da rotonda do entroncamento desta rúa coa Rúa Castelao.

Despois dun asfaltado da zona, colocaron unha estrutura con proteccións unidas entre si, que faga a función da rotonda que se construirá definitivamente despois da tempada alta.

A pasada semana, nunha visita da Conselleira de Infraestruturas, esta administración, o Concello e a empresa, decidían que a mellor opción é interromper os traballos ata despois do verán, para non prexudicar a actividade turística na tempada alta.

Os dous tramos máis grandes da rúa Progreso estarán practicamente concluídos a final de mes, a falta de detalles de mobiliario e xardinería. Quedará pendente o tramo central e o mellor para non prexudicar a actividade comercial e hostaleira é pospoñer os traballos neste tramo ata despois do verán.

Esta rotonda provisional estará operativa a finais de mes, mentres que a da confluencia coa avenida de Madrid non se construirá ata despois do verán. A parada de autobús da rúa Progreso desprázase 100 metros ata a confluencia coa rúa Carlos Casas.

 

 

0
0
0
s2sdefault