Onte pola tarde, no Pazo Emilia Pardo Bazán, Daniel Arosa clausuraba, no seu primeiro acto como concelleiro de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, o curso do taller de memoria e da actividade física para maiores.
Os máis de 150 asistentes a este acto recolleron o seu diploma e puideron gozar da música de Manso&Amigos, que estiveron de forma totalmente desinteresada amenizando a velada.
Ademais do alumnado tamén estiveron os voluntarios do Programa de Voluntariado da concellería que colaboran no programa, e as dúas persoas responsables da organización destas dúas actividades.
O taller de memoria pretende a estimulación de distintas facultades cognitivas nas persoas maiores e nas clases de actividade física, gozan á vez que aprenden uns hábitos de vida máis saudables.