O Alcalde xestionará o Turismo, unha área de goberno estratéxica nos próximos anos.
O Alcalde de Sanxenxo nomeou un goberno composto de 9 concellerías. Telmo Martín preside as tres empresas municipais e a Xunta de Goberno da que, ademais, formarán parte María Deza portavoz e primeira tenente alcalde, Juan Deza segundo tenente alcalde, Paz Lago terceira tenente alcalde e Marcos Guisasola cuarto tenente alcalde.
Novo goberno:
Telmo Martín - Alcalde.
María Deza - Planificación territorial e Infraestruturas.
Flavia Besada - Urbanismo.
Óscar Vilar - Obras e servizos.
Juan Deza - Medio ambiente.
Paz Lago - Educación e cultura.
Daniel Arosa - Servizos sociais, Deportes e Mocidade.
Marcos Guisasola - Economía e persoal.
Jaime Leiro - Seguridade cidadá.
Paula Martínez - Facenda.
Telmo Martín dirixirá un goberno de 9 concellerías e asumirá a xestión do turismo, co obxectivo de converter Sanxenxo nun destino turístico os 12 meses do ano.
Juan Deza e Paz Lago seguirán á fronte das súas respectivas concellerías. Juan Deza no medio ambiente da que dependen a limpeza, a recollida de lixo e as praias entre outros servizos. Pola súa banda, Paz Lago xestionará a educación e a cultura, co mantemento dos colexios, as escolas infantís e o deseño da programación cultural, entre outras competencias.
María Deza xestionará a nova Concellería de Planificación territorial e Infraestruturas, que abarca a xestión do PXOM, a planificación das infraestruturas, ademais das súas funcións como portavoz do goberno.
Flavia Besada será a responsable de Urbanismo, con competencias, especialmente, na concesión de licenzas e outros expedientes que se tramitan a través da súa concellería.
Óscar Vilar xestionará a Concellería de Obras e servizos con competencias na mellora da rede de saneamento e abastecemento de auga, a iluminación pública e a rede viaria.
Marcos Guisasola seguirá á fronte da xestión económica e o persoal con competencias sobre toda a actividade económica e comercial e o persoal municipal fixo e eventual de tempada alta.
Paula Martínez asume a responsabilidade da Concellería de Facenda que se encarga da elaboración do orzamento e a xestión dos impostos e as taxas municipais.
Daniel Arosa dirixirá os Servizos sociais que inclúe o centro de día, o plan de igualdade e o servizo de atención do fogar entre outros. Ademais, de asumir o reto de impulsar a área de deportes e mocidade.
Jaime Leiro faise cargo da Concellería Seguridade cidadá un servizo do que depende a policía local, o servizo de emerxencias e os socorristas.