Concello de Sanxenxo - O Concello organiza unha festa infantil trala conclusión da mellora do parque Panadeira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O parque Panadeira leva aberto máis dun mes. Aínda que quedaban pequenos detalles, que non impedían o uso das instalacións, e que se remataron recentemente.

O Concello decidiu organizar este domingo 30 de xuño ás 12.00 h. unha festa especialmente para nenos e papás. Haberá un emocionante espectáculo circense e ofrecerase aos asistentes deliciosos xeados de Bico de Xeado.

O parque Panadeira tivo unha reforma integral no que se investiron 457.836€. O máis destacado é a ampliación da súa superficie en 700 m2, así como a peonalización da contorna que antes estaba degradada pola presenza de vehículos. Tamén se incrementou o número de árbores, antes había 40 e agora hai 39 máis, o que fai un total de 79 árbores.

En resumo, antes había un parque triste e deteriorado e agora hai un parque máis cómodo, luminoso e cun mellor equipamento da zona infantil e deportiva. A maior proba do éxito que tivo a reforma é a cantidade de público que hai no parque a calquera hora do día. E o feito de que o goberno tivo que abrir o parque antes do previsto porque o público se colaba entre os valos que rodeaban o recinto.

 

 

0
0
0
s2sdefault