Concello de Sanxenxo - Proxecto "Eu Emprendo Azul"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O “Proxecto Eu emprendo Azul”, que conxuntamente coa Rede Española de Entidades polo Emprego, Rede Araña, súmase en Vigo ao compromiso co emprego Azul. O "Proxecto Eu Emprendo Azul” está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da convocatoria de Subvencións 2018 do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Neste proxecto realizaranse servizos de preparación para conseguir a creación de empresas e ideas de negocio azul. Para iso, impártense sesións gratuítas de adestramento individual cun técnico de emprendemento, as cales serán complementadas con sesións grupais de asesoramento especializado para os participantes segundo a súa idea de negocio cun profesional da materia.

O obxectivo é aumentar as capacidades e habilidades para a creación de empresas de economía azul, analizando para iso os sectores como pesca, acuicultura, turismo, biotecnoloxía azul, enerxía renovable, minería do leito mariño, etc.

Ofrecerase información e asesoramento personalizado en normativa e lexislación para a idea de negocio e coñecementos básicos de márketing e estudo de mercado no ámbito da economía azul.

 

0
0
0
s2sdefault