Concello de Sanxenxo - Os drons regresan ás praias de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este sistema de vixilancia xa se empregou o pasado verán en Silgar e en Montalvo e este ano regresa de novo a estes dous areais.

Estes dispositivos permiten trasladar flotadores salvavidas a un bañista que se atope en apertos en cuestión de segundos.

Nun momento de apuros, especialmente no mar, cada segundo conta e desde a Concellería de Medio Ambiente quérese facilitar ao máximo o labor das persoas que traballan na seguridade e a vixilancia dos nosos areais. E é por iso que, en dous areais do municipio, estarán uns drons capacitados para, en cuestión de segundos, trasladar desde o posto de mando ata o mar, un salvavidas a calquera bañista que se atope en apertos, en 20 segundos aproximadamente.

Ademais, poden ser utilizados en terra, transportando, por exemplo, un desfibrilador a unha persoa que estea na area e sufra un paro cardíaco.

“Os drons son unha ferramenta máis ao dispor dos socorristas, pero isto non vai supoñer a eliminación de postos de traballo, senón todo o contrario”, destaca Juan Deza Concelleiro de Medio Ambiente.

Os aparellos poden actuar nun radio de 500 metros, que é a distancia máxima que marca a normativa vixente e o dispoñer destes drons en Montalvo e en Silgar supón un desembolso económico próximo aos 15.000€.

0
0
0
s2sdefault