Concello de Sanxenxo - O goberno substitúe a parada de taxis da Rúa San Isidro por outras dúas paradas na Rúa Luís Vidal Rocha e na Rúa Cesteiros
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana eliminarase a parada de taxis actual que se atopa na Rúa San Isidro.

As dúas novas paradas situaranse na Rúa Luís Vidal Rocha e na Rúa Cesteiros.

Esta medida lévase a cabo para protexer, conservar e poñer en valor a zona peonil que rodea á capela, humanizando e mellorando a seguridade viaria da zona máis emblemática de Sanxenxo.

A partir desta fin de semana, manterase a parada situada na estación de autobuses, na Rotonda de Arnelas e, desde as 2.00 h. ata as 8.00 h., a parada poderá establecerse tamén na entrada ao Aparcadoiro de Nauta.

Ademais, os 27 taxis de Sanxenxo, unificaron a súa imaxe cun adhesivo en cada un dos seus vehículos co escudo e o nome do municipio.

 

 

0
0
0
s2sdefault