Concello de Sanxenxo - Sanxenxo ampliará a capacidade da súa depuradora e mellorará unha gran parte da súa rede de saneamento
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá na Subdelegación de Goberno, presentouse o convenio para a mellora da depuración e o saneamento entre a empresa pública Augas de las Cuencas de España S.A. ( ACUAES) e os Concellos de Sanxenxo e Poio. Un proxecto que redundará na mellora da calidade das augas da Ría de Pontevedra.

A Lei 6/2018 dos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2018 aprobados polo goberno de Rajoy establece a declaración de interese xeral para o proxecto de mellora da depuración de Sanxenxo e o saneamento de Raxó.

O convenio permitirá a Sanxenxo ampliar a capacidade de tratamento da súa depuradora e mellorar a rede de saneamento desde Dorrón ata Paxariñas, coa substitución de 5 bombeos e case 9 km. do colector principal por un de maior diámetro. A mellora permitirá resolver o vello problema de depuración das augas de Raxó (1.500 habitantes) e o núcleo da Granxa (300 habitantes).

O convenio está valorado en 21,9 M€ a realizar ao longo dos próximos 8 anos. O 60% das obras serán financiadas con fondos europeos, o resto polos Concellos de Sanxenxo e Poio en función das actuacións previstas en cada un. Nos primeiros 4 anos acometeranse obras por importe de 14 M€, dos que 8,7 M€ destínanse á depuradora de Paxariñas.

Melloras en Sanxenxo:

• Ampliación da capacidade da depuradora, de poder tratar un máximo de 354 litros por segundo ata os 813 litros. A mellora da depuradora inclúe nova tecnoloxía de desodorización para reducir os malos cheiros e gases que se xeran neste tipo de instalacións.

• Ampliación do diámetro do colector principal de 8.750 metros entre os seguintes lugares: A Granxa – Areas – Nanín – Porto de Sanxenxo – Portonovo – Paxariñas e Montalvo – Paxariñas.

• Mellora dos bombeos de Areas, Nanín, Porto de Sanxenxo, Portonovo e Montalvo.
• Construción de 5 tanques de tormenta para evitar o colapso da rede en momentos de fortes choivas: Areas, Nanín, Porto de Sanxenxo, Portonovo e Montalvo.

Os prazos de execución da primeira fase de 14 M€ son:

• 12 meses para a aprobación da avaliación ambiental.
• 18 meses para a execución das obras.
• 1 ano para a súa proba e posta en marcha.

En resumo, o convenio supón unha oportunidade única para Sanxenxo pois o 60% do custo das obras finánciase con fondos europeos e a parte que achegará o Concello, en torno a 8 M€, amortizarase en 25 anos.

A actuación permitirá modernizar a rede de saneamento mellorando o servizo de miles de vivendas que xa están conectadas á rede, pero á súa vez facilitará a conexión doutras vivendas que carecen deste servizo nas parroquias de Dorrón, Bordóns, Padriñán e Adina.

0
0
0
s2sdefault