Concello de Sanxenxo - Costas, Portos e Concello encargan un estudo para ver a posibilidade de dragar area procedente da Carabuxeira depositada en fronte da propia praia
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá reuníronse na Alcaldía, Costas, Portos, Concello e a empresa Aquática enxeñería autora do proxecto de rexeneración e mellora da praia da Carabuxeira.

Nestes momentos as tres administracións barallan dúas liñas de traballo. A primeira delas, continuar co expediente de achega de area de canteira á praia.

A segunda liña, é o compromiso adquirido por Costas, para estudar a opción de poder dragar a area que se atopa enfronte da praia. Para isto, o Concello encargou á enxeñería Aquática, un informe de compatibilidade de estratexias mariñas, para comprobar se a area que perdeu a praia atópase depositada enfronte da mesma e, en que cantidade, así como valorar a viabilidade da súa recuperación.

Se esta segunda opción fose viable, pero se dese o caso de que a area dragada non fose suficiente, poderíase completar coa achega da area de canteira da primeira opción.

Doutra banda, a Consellería de Medio Ambiente xa estudou o proxecto de rexeneración e mellora da Carabuxeira que inclúe a achega de area, a construción de diques para evitar futuras perdas e a prolongación do paseo marítimo desde a Panadeira ata a Carabuxeira.

E, a maiores a Consellería pide que se faga un estudo para saber canta area perderon as catro praias afectadas, Carabuxeira, Lavapanos, Panadeira e Os Barcos. E así coñecer o volume de area que necesitan as tres últimas, xa que o dato da Carabuxeira está incluído no seu proxecto.

0
0
0
s2sdefault