Concello de Sanxenxo - A empresa SONOMOBEL é a adxudicataria da feira multisectorial que abrirá esta fin de semana
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A feira multisectorial abrirá este venres e a empresa SONOMOBEL S.L será a encargada da súa organización.

A feira, que estará aberta ata o 15 de setembro, pretende ser un punto de encontro entre artesáns, mozos creadores e comercios que mostran os seus produtos. Con ela, buscan crear un atractivo turístico e unha alternativa lúdica e de entretemento na vila de Portonovo.

A feira multisectorial de Portonovo, foi adxudicada por 175.450€. Esta feira, totalmente consolidada, conta con máis de 10 anos de historia.

Instalada en Rafael Picó, a feira ocupará unha superficie de 900 m2, con 70 casetas de 2,5 m de altura, 3 m de fondo e 3m de fronte. Estas casetas son modulares e desmontables, con cerramentos laterais e traseiros. O chan será antiescorregadizo e terá un sistema de peche frontal mediante unha persiana de seguridade motorizada.

0
0
0
s2sdefault