Concello de Sanxenxo - O goberno cambia a dirección dun tramo da Rúa Fonte de Ramos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Actualmente a rúa Fonte de Ramos ten dirección única, de rúa Ourense a Luís Vidal Rocha. As persoas que fan compras na zona e aparcan os seus vehículos no aparcadoiro e a contorna, para saír están obrigados a baixar ata o paseo de Silgar para poder subir pola rúa Ourense.

Para evitar que teñan que facer tanto rodeo, vaise invertir a dirección deste tramo de rúa Ramón Cabanillas, facilitando así a saída cara á rúa Progreso. É un pequeno axuste necesario polo cambio da dirección de Luís Vidal Rocha que antes permitía que os vehículos subisen por esta rúa cara á rúa Progreso.

Transcorridos máis de 15 días desde os cambios de tráfico, o goberno está cada día máis satisfeito cos resultados e, o que é máis importante, o sentir xeral da maioría é que os cambios están a funcionar. Loxicamente sempre hai quen ten motivos para non recoñecer a realidade.

0
0
0
s2sdefault