Concello de Sanxenxo - O goberno traslada o mercadiño a Rafael Picó os tres días de agosto que coinciden coas festas de Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O luns 12, xoves 15 e luns 19 de agosto o mercadillo trasladarase á rúa Rafael Picó de Portonovo xa que durante eses días as atraccións de San Roque ocuparán o espazo onde habitualmente se instalan os postos de venda ambulante.

O mercadillo instalarase ao longo da rúa Rafael Picó. A rúa quedará cortada ao tráfico entre as 7:00 e as 15:00 horas, polo menos no tramo comprendido entre a rotonda de entrada a Portonovo e a rúa Espiñeiro. En canto ao resto da rúa, o goberno estuda a posibilidade de deixar un carril aberto entre a rúa Espiñeiro e a rotonda do porto-lonxa.

Por último, a decisión de trasladar as atraccións de San Roque á contorna do campo de fútbol e a piscina é firme e, estamos convencidos que é unha medida que vai beneficiar aos veciños e os numerosos visitantes que durante esas datas ten a vila de Portonovo.

0
0
0
s2sdefault