Concello de Sanxenxo - O goberno leva á Comisión de Contas unha modificación de crédito de 2,5 M€, que inclúe unha amortización extraordinaria de débeda de 807.117€
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Comisión de Contas celebrada onte, estudou unha modificación de crédito por importe de 2.536.216 € que o goberno levará ao Pleno do próximo día 29 de xullo.

A modificación de crédito inclúe as seguintes cantidades:

1) 807.117 € destínanse a unha amortización extraordinaria de débeda con cargo ao superávit ou remanente de 2018. Se a esta amortización, sumamos a que xa contemplaba o orzamento de 2019 de 886.386 €, a débeda de Sanxenxo a finais deste ano será de 2.564.100 €.

A 31/12/2018 a débeda era de 4.257.605 €, o 19% dos ingresos correntes, cando a lei de estabilidade orzamentaria permite alcanzar o 75%. A finais de 2019 baixará ata o 12%.

2) 686.099 € con cargo a partidas do orzamento do 2018 para financiar a rúa Progreso e o Pazo de Quintáns. Como ningún dos dous proxectos iniciáronse ata 2019, eses créditos quedaron sen utilizar. Agora destínase 50.000 € a Turismo de Sanxenxo e os 636.000 € restantes pasarán a engrosar o superávit de 2019.

3) 643.000 € con cargo a diferentes áreas de gasto. 247.000 € destínanse á contratación de auxiliares de policía e o resto transfírese a Turismo de Sanxenxo do que agora dependen todos os gastos de praias, socorristas, balizamentos, etc.

4) 400.000 € con cargo aos plans directores de 2019, agora destínanse a reforzar partidas de gasto corrente para o mantemento de instalacións, edificios, vehículos, entre outros.

A situación económica do Concello é envexable. Sanxenxo pasou de ter un déficit de 7.667.006 € no ano 2011 a un superávit de 3.293.468 € en 2018. A evolución da débeda foi similar, pasou de 13,1 M€ no 2012 aos 2,5 M€ que haberá a finais de 2019.

 

0
0
0
s2sdefault