Concello de Sanxenxo - A Concellería de Medio Ambiente levará a cabo unha nova actuación en Punta Vicaño
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde a Concellería de Medio Ambiente encargouse un proxecto, valorado en 48.300 € para continuar coa mellora das instalacións do parque de Punta Vicaño.

O goberno local comezou o ano pasado coa mellora ambiental dos 22.000 m2 que mide o parque.

Este novo proxecto busca a conservación, a reposición e a restauración do ambiente e o reequilibrio do Parque Vicaño, que actúa como un pulmón verde para os núcleos de Sanxenxo e Portonovo.

Ata o momento fíxose no parque un replantado de especies arbóreas e agora, farase unha restauración dun carreiro e a incorporación dun estanque con especies vexetais acuáticas.

No carreiro regularizarase o firme e instalaranse traveseiros de pedra rústica para evitar a súa descomposición, conténdoo transversalmente e resolvendo o problema de evacuación de augas con outros traveseiros instalados de maneira oblicua.

A segunda actuación a levar a cabo é a colocación dun estanque, na zona intermedia do parque. A auga partirá dun pozo xa existente, poñéndoo así en valor, e seguirá o seu curso aproveitando a pendente xerada cuns chanzos ata chegar ao estaque, que terá unha superficie de 80 m2.

O estaque terá diferentes profundidades e unha rica variedade de especies vexetais acuáticas. E a presenza de auga mellorará o ecosistema existente, sendo un elemento de atracción para certas especies animais que poderán enriquecer e diversificar a contorna.

REXENERACIÓN DO PARQUE

No ano 2018 levouse a cabo unha tala de parte do arboledo existente, principalmente piñeiros, que creceran demasiado xuntos, estaban enfermos e tiñan unha altura que presentaba un perigo para os usuarios do parque.

Tal e como se comprometeu o goberno despois de tallar os piñeiros levou a cabo a plantación de máis de 80 novas árbores de especies moi variadas.

Zona con arboledo de especies máis propias de xardinería e de gran beleza que fixeron do parque un lugar colorido no outono, como son liquidámbar, ginkgo e faias.

Zona de bosque atlántico con carballos, castiñeiros e acivros, e tamén especies máis mediterráneas como aciñeiras e sobreiras.

 

 

0
0
0
s2sdefault